domingo, 10 de abril de 2016

DIFERENCIAS entre ESQUEMA, MAPA CONCEPTUAL y MENTAL

CONCEPTOSJERARQUÍACONECTORESCARACTER
ESQUEMAPalabrasLinealFlechas, llaves, números, letrasObjetivo
MAPA CONCEPTUALPalabrasDireccional (red de conexiones)NodosObjetivo
MAPA MENTALImágenes/
Palabras
Ramificada sobre la idea principalFlechas, ramas, imágenesSubjetivo



MAPAS CONCEPTUALES




MINDOMO: Herramienta online para elaborar mapas conceptuales



MAPA MENTAL



Herramienta online para crear mapas mentales












venres, 19 de febreiro de 2016

Ortografía online

Recomendación do grupo de TICs para repasar a ortografía en Lengua. Pinchada na imaxe e a repasar. Ánimo!!!



Entroido 2016

Como ben sabedes o Entroido está unido ao Proxecto da Biblioteca Escolar. 
Desfilaron moi ben coma sempre e os disfraces foron moi variados.

Pinchade nesta imaxe e poderedes ver os videos que colgou no blogue Celebrandeslao, o profesor Diego. 


Taller de blogues dos alumnos.

Despois de dous cursos traballando un poco coas TICs, consideramos que era boa idea que os alumnos crearan os seus propios blogues. 
A idea xurdiu este curso ao non ter libro de texto de Lengua. OS blogues terían que ser fundamentalmente dedicados a esta asignatura. Pero xa sabedes que a súa creatividade e a libre interpretación das ideas que lles transmitimos fan a súa reacción e o resultado é variopinto.
Podedes visitalos na columna da dereita, na etiqueta Blogues dos Alumnos de 6ºB

Na clase somos 25 e todos realizaron o seu traballo, pero hai 7 rapaces e rapazas que o enderezo que nos proporcionaron non abre o seu blogue.
Estamos á espera de que o solucionen e cando estén listos, tamén serán publicados.


Como profesora-titora estou moi satisfeita con eles por responder sempre ao que lles propoñemos.
Temos ainda moito que andar pero o camiño está iniciado.

Moitas grazas a todos !!!

Manuel María Fernández Teixeiro: poeta galego ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas


Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político.
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a etnografía, a física, a historia, a xeografía, a mitoloxía, o mundo animal, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ....

 Dedicaráselle o Día das Letras Galegas deste ano 2016

Se pinchas na imaxe de Manuel María sabrás algo sobre este poeta galego:


Nesta imaxe poderás enlazar coa Casa Museo de Manuel María

luns, 11 de xaneiro de 2016

MATHS: second term








































Feliz Ano

Ola rapaces e rapazas:
Empeza o segundo trimestre do curso. Moito ánimo e """a por el""". Sodes un grupo marabilloso e o ides superar estupendamente.
Unha aperta a todos e todas.